Chicho Montenegro, novo presidente do CB Chantada

Nueva directiva del CB Chantada, con el presidente en el centro. EP
photo_camera Nova directiva do CB Chantada, co presidente no centro. EP

Chicho Montenegro converteuse no novo presidente do CB Chantada, despois de que a asemblea extraordinaria do club o elixise como máximo dirixente. Ocupará o cargo que durante 16 anos ostentou José Antonio García, que deixa a entidade.

Hai uns días, Montenegro renunciou aos cargos de director deportivo e tesoureiro a consecuencia dunha "profunda discrepancia" coa presidencia do club. Naquel momento tamén anunciaron a súa dimisión o ata entón vicepresidente Arturo Blanco e o adestrador Alberto Fafián. Blanco formou parte da candidatura de Montenegro, a única presentada, e é o novo secretario.

Esta é a composición da nova directiva:

Chicho Montenegro Cervelo, presidente 
Luis Gamallo Díaz, vicepresidente
Antonio García Álvarez, tesoureiro
Arturo Blanco Vilela, secretario
María de los Ángeles Merino Martínez, vocal
Eva Rodríguez Argiz, vocal
Darío Rigueira Lobelle, vocal

Comentarios