O CD Lugo, xuíz do descenso

O Sabadell visita este sábado o Anxo Carro coa necesidade de gañar para manterse na categoría
Aranda, agarrado por un jugador del Sabadell en la primera vuelta. ADG MEDIA
photo_camera Aranda, agarrado por un jugador del Sabadell en la primera vuelta. ADG MEDIA

Unha vez certificada a permanencia en Primeira RFEF e de non conseguir alcanzar os postos que dan dereito a participar na próxima edición da Copa do Rei, o Club Deportivo Lugo xa o que será o seu último partido da tempada, o que lle medirá o sábado no Anxo (19.00 horas) a un Sabadell que se xoga a vida no estadio albivermello.

O Lugo será un dos xuíces do descenso. Unha situación moi habitual nas últimas xornadas das competicións futbolísticas, que agora afecta o equipo de Roberto Trashorras no partido de despedida dun curso que non foi como se esperaba. Sen querelo, gran parte do futuro do equipo catalán no próximo curso depende do rendemento que ofrecerán os xogadores branquivermellos este próximo sábado.

Sen nada en xogo, pero co orgullo sobre a mesa e o ánimo de despedir a tempada cunha alegría ante a súa afección, o Lugo disputará un partido que ten  máis moitos máis ingredientes competitivos no equipo rival.

Con 41 puntos, o Sabadell marca agora mesmo a última posición que obriga a perder a categoría. é décimo sexto e iguala a puntos cun Fuenlabrada que visita a un Cornellá tamén descendido coa imperioso necesidade de gañar.

En caso de gañar o Fuenlabrada ao Cornellá e o Sabadell ao Lugo, ambos os equipos igualarían a puntos e deberían resolver o seu empate técnico co gol average particular, primeiro; e co xeneral, despois. No caso do particular, o Sabadell vendeu a domicilio no campo do Fuenlabrada (1-2), e o equipo madrileño fixo o propio no estadio catalán (0-1), polo que habería que repasar a diferenza de goles xeral para determinar a permanencia. Neste caso, a do Fuenlabrada é favorable (-9) á do Sabadell (-19) nestes momentos, polo que sería o equipo madrileño quen conservaría a categoría.

Podería existir un triplo empate entre o Sabadell, Fuenlabrada e Sestao River. Nese caso disputaríase unha liguiña entre os tres equipos para dilucidar ao que quedaría en Primeira RFEF.

No medio desta tesitura atópase o CD Lugo, que pechará a tempada en metade da táboa logo de completar un bo arranque de curso e de vagar pola categoría durante a maior parte do ano.

Os dous cambios de adestrador e os reforzos no mercado de inverno non melloraron a difícil situación branquivermella, que hai semanas que confirmou a súa incapacidade para alcanzar os postos de play off e, incluso, sufriu durante dous ou tres partidos coa posibilidade de entrar nas posicións de descenso.

Liquidadas as preocupacións do tramo final de curso, e tras encadear tres vitorias consecutivas unha vez que só existía o obxectivo, case imposible, de entrar na próxima Copa do Rei, o Lugo despedirá a tempada no Anxo Carro e aproveitará o último partido para levar a cabo diferentes actos sociais de agradecemento á afección que apoiou ao equipo durante a campaña.

Un epílogo a un curso para esquecer, que debe servir ao club para aprender, tomar nota e deseñar un persoal no verán que opte de verdade ás posicións de ascenso; algo que foi, sen dúbida, o gran debe da entidade ao longo da 2023-2024.

Presentación da canteira

O CD Lugo despedirá a tempada no Anxo Carro ante o Sabadell cunha serie de actos, entre os que se inclúen unha presentación da estrutura de fútbol basee do club durante o descanso e un sorteo para todos os abonados sub-14.

No descanso, o Lugo presentará a todos os equipos de fútbol basee das categorías inferiores, ademais dos da sección feminina e do equipo Genuine.

Sorteo

O club sorteará 20 camisetas entre todos os abonados sub-14 que acudan ao estadio este sábado. O gañador coñecerase o vindeiro luns. Ademais, todos os afeccionados sub-14 poden recoller o seu invitación gratuíta ao partido nas oficinas do club ou na CDLU Store ata este venres.