O CD Lugo e El Progreso renovan o seu convenio de colaboración

photo_camera O CD Lugo e o Grupo O Progreso renovaron a súa colaboración cun novo convenio asinado polo máximo responsable do club lucense, Tino Saqués, e a presidenta do xornal, Blanca García Montenegro. "Ter en Segunda e durante tanto tempo un equipo como CD Lugo, é un orgullo como lucense e como presidenta do xornal de Lugo", indicou García Montenegro, que recordou a máxima de que "unha cidade vai ben cando o seu equipo vai ben". Pola súa banda, Saqués quisó agradecer todo o apoio que recibe o CD Lugo dos medios de comunicación, en xeral, e do Progreso, en particular: "Grazas a esta difusión dáse a coñecer a nosa cidade e a nosa provincia".

O CD Lugo e o Grupo El Progreso renovaron a súa colaboración cun novo convenio asinado polo máximo responsable do club lucense, Tino Saqués, e a presidenta do xornal, Blanca García Montenegro. 

"Ter en Segunda e durante tanto tempo un equipo como CD Lugo, é un orgullo como lucense e como presidenta do xornal de Lugo", indicou García Montenegro, que recordou esa máxima de que "unha cidade vai ben cando o seu equipo vai ben".

Pola súa banda, Saqués quisó agradecer todo o apoio que recibe o CD Lugo dos medios de comunicación, en xeral, e de El Progreso, en particular: "Grazas a esta difusión dáse a coñecer a nosa cidade e a nosa provincia".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios