miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

O CD Lugo pon un bus a disposición dos afeccionados para viaxar a Fuenlabrada

Afeccionados do Lugo, no Ángel Carro. VICTORIA RODRÍGUEZ
Afeccionados do Lugo, no Ángel Carro. VICTORIA RODRÍGUEZ
A entrada para o partido do próximo domingo custará 15 euros

O CD Lugo vive un momento delicado e sabe que cada partido é unha final. O seguinte será o que disputará o domingo (12.00 horas) no campo do Fuenlabrada, unha cita para a que o club pon un autobús a disposición dos seguidores. O bus partirá na madrugada do sábado ao domingo (5.00 horas) desde o Ángel Carro.

Deste xeito, aqueles afeccionados que o desexen, só terán que abonar os 15 euros que custa a entrada para acudir ao encontro. Tamén se pode comprar só a entrada, no que caso de que alguén prefira viaxar pola súa conta.

O CD Lugo afronta o duelo coa intención de sumar un triunfo que lle permita fuxir da zona de descenso na que está inmeros. O seu rival marcha na sétima posición da táboa, nunha campaña na que se converteu na revelación de Segunda A.

O CD Lugo pon un bus a disposición dos afeccionados para viaxar a...
comentarios