O CD Lugo devolverá un 20% do abono aos seus socios

Os abonados poderán elixir entre varias modalidades, como unha compensación a próxima tempada ou un vale para trocar na tenda do club
Gradas en el Ángel Carro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Bancadas no Ángel Carro. VITORIA RODRÍGUEZ

O CD Lugo anunciou este xoves que compensará aos seus abonados polos partidos de Liga que se disputarán a porta pechada pola crise do coronavirus.

Nun comunicado, o club branquivermello explica que, a pesar de que non concibe "o fútbol sen afeccionados", entende que se debe primar a seguridade na situación actual e xogar sen público no Ángel Carro. 

"A entidade quere agradecer de antemán a todos aqueles abonados que apoiaron ao equipo esta tempada e lamenta que por estas causas de forza maior non se vaia a poder completar con normalidade. é por isto que o CD Lugo procederá a compensar aos seus abonados cun 20% do importe do seu abono", indica o club.

Os abonados poderán elixir entre as seguintes opcións en relación á cantidade non consumida:

  • Compensación na renovación do abono da tempada 20/21.
  • Vale para trocar na tenda oficial do club por un importe equivalente.
  • Devolución da cantidade que corresponda.
  • Renuncia á devolución. O importe resultante destinarase á mellora das infraestruturas / instalacións / equipamento do club. 

Para realizar esta xestión, o abonado poderá facelo desde o espazo habilitado na web do club ben fisicamente nos despachos de billetes do Ángel Carro desde o luns 22 de xuño (en horario de luns a venres de 9.30 a 13.45 e de 16.30 a 20.00).

O prazo establecido polo CD Lugo para que os abonados fagan esta solicitude finalizará o 31 de xullo de 2020, entendendo que as persoas que non o soliciten renuncian a tal devolución.                

Comentarios