Carrillo: "O Éibar é un equipo asentado"

Carrillo, que acaba de recibir o premio a mellor xogador do Lugo en outubro, destaca o alto nivel do segundo clasificado de Segunda, un Éibar que arrincou o curso de menos a máis
Carrillo celebra su gol en Burgos. ADG MEDIA
photo_camera Carrillo celebra su gol en Burgos. ADG MEDIA

O dianteiro do Lugo José Ángel Carrillo destacou a calidade do seu próximo rival, o Éibar —este domingo ás 16.00 horas—, e dixo que visitará o Ángel Carro tras "asentarse" na súa volta a Segunda División "tras un mal inicio de tempada" e sacado o "máximo rendemento" aos seus xogadores.

"O Éibar está deseñado para ascender directamente, ten xogadores boísimos. Tivo un mal inicio, pero foise asentando e está a sacar máximo rendemento ao seu persoal. Somos conscientes de todo iso e teñen o noso respecto, pero vimos facendo as cousas moi ben e hai que aproveitalo ao máximo, máis se cabe en casa e diante da nosa afección", comentou este mércores en rolda de prensa.

Co Éibar regresarán ao Ángel Carro o porteiro Ander Cantero, que foi traspasado polo cadro galego ao vasco o pasado verán, e o central portugués Frederico Venancio, que concluíu o seu préstamo ao conxunto branquivermello e fichou polos guipuscoanos.

"A relación con eles é moi boa, pero esta semana eu non quixen falar con eles porque hai unha rivalidade. Xogámonos as papas ambos e despois do partido darémonos un abrazo. Mentres, iremos a matar porque é un partido moi importante para nós, e máis logo de conseguir os tres puntos en Amorebieta a pasada fin de semana", declarou.

O MELLOR DE OUTUBRO. Carrillo recibiu o premio ao mellor xogador do mes de outubro no conxunto branquivermello, trofeo Estrella Galicia, nun doce momento persoal tras perderse a primeira parte da tempada por unha operación de pube, pero ser decisivo en varios partidos grazas a un idilio co gol inédito na súa carreira.

"En canto a resultado e goles, estou a dar o meu mellor rendemento. Atópome nun momento moi bonito, estou ben no físico, no persoal tamén e quero seguir estirando o chicle, como se adoita dicir, e gozar este momento ao máximo", sinalou.

Respecto dos seus cinco goles, todos eles a domicilio, apuntou que «teño ganas de meter xa en casa, coa nosa xente". "Non quero obsesionarme nese aspecto, pero o levo dentro e quero que ocorra canto antes", explicou.

O dianteiro tamén se referiu á incorporación, por agora para os adestramentos, do centrocampista Eddy Silvestre, co que coincidiu no pasado na súa carreira e co que mantén unha "boa amizade".

"É un xogador que fisicamente nos vai a achegar moitísimo. é bastante forte, moi bo no xogo aéreo, é un ‘box to box' (de área a área), chega á área rival e defende na nosa, non lle treme a pelota. Ten que coller a forma física, adaptarse ao que lle pida o míster, pero seguro que nos achega moitas cousas", sostivo Carrillo, que tamén destacou o debut do extremo Sebas Moyano, lesionado de gravidade nos dous últimos anos. "Notouse na piña da celebración que nos alegramos por el porque se merece todo o bo que lle pase", dixo.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios