sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

O canteirán Pedro López deixa de pertencer á disciplina do CD Lugo

Pedro López (a la derecha) en un momento del Lugo-Reus
Pedro López (dereita), no día do seu debut con CD Lugo. ARQUIVO
O club ofreceulle unha cesisón, pero o defensa prefire obter a carta de liberdade

Pedro López xa non pertence á disciplina do CD Lugo desde este mércores. O defensa canteirán foi quen pediu ao club o final da relación contractual ante a falta de oportunidades. O Lugo lle ogreció unha cesión ata final de tempada, pero Pedro López preferiu quedar coa carta de liberdade.

"Desde o club quérese agradecer a Pedro López o seu traballo, implicación, e identificación coa entidade, recoñecendo o seu percorrido desde categorías inferiores, ata o primeiro equipo. Unha traxectoria que hoxe toca ao seu fin, e tras a que se lle desexan os maiores éxitos persoais e profesionais para o futuro", publicou o club branquivermello nas redes sociais.

Formado nas categorías inferiores do club, Pedro López (Lugo, 21 de xaneiro de 1997), debutou co primeiro equipo o 21 de agosto de 2017 nun choque ante o Reus (0-0). Na campaña 2019-20 xogou cedido no Unionistas de Salamanca, en Segunda B, e desde o seu regreso contou pouco para os adestradores do primeiro equipo do CD Lugo.

O canteirán Pedro López deixa de pertencer á disciplina do CD Lugo
comentarios