A defensa de Javier Tebas por parte da Tino Saqués, presidente do CD Lugo, levantou bochas na Coruña.
O primeiro en lanzar a pedra foi o presidente do Deportivo, Fernando Vidal, quen advirte: "Arrieros somos".
Seguíronlle moitos afeccionados, entre eles un emblemático, o cómico Cañita Brava. Nun vídeo difundido en Twitter, o artista lanza unha mensaxe no que arremete contra Saqués, ao que chama "renegado, por non dicir Xudas", e contra Javier Tebas, a quen acusa de "envenenar" A Coruña.
@CDeportivoLugo y Saqués ya os cogieron la matrícula y os canta las verdades del barquero el gran #CañitaBrava 👏👏👏 pic.twitter.com/iIQmTN1BgG
— Juan Castro (@bikertotal) August 12, 2020