Canella: "Estamos no camiño de empezar e competir"

O lateral do CD Lugo asegura que as sensacións son "moi boas" na primeira semana de adestramentos
Roberto Canella, en un instante del partido ante el Fuenlabrada. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Roberto Canella, nun momento dun partido ante o Fuenlabrada. VICTORIA RODRÍGUEZ

Roberto Canella, lateral esquerdo do CD Lugo, asegura que os xogadores notan que xa están "no camiño de empezar e competir" e, en consecuencia, séntense "máis futbolistas". "A primeira semana de adestramentos foi moi ben, as sensacións son moi boas", sinalou o xogador asturiano en declaracións facilitadas polo equipo branquivermello. 

Canella desexou que "a próxima semana" o equipo empece a "adestrar por grupos" para seguir dando pasos adiante. "Estamos con moitas ganas de que todo volva á normalidade e de poder competir xa", dixo o veterano xogador. 

O persoal do Lugo non descansa o fin de semana e volve a adestrar de xeito gradual e individual o sábado e o domingo. "Sobre todo é que te sentes un pouco máis futbolista ao poder tocar o balón e correr, que en casa era algo que non podiamos facer porque non tiñamos esa liberdade", explicou Canella sobre a volta á actividade tras o parón pola crise do coronavirus.

Comentarios