O novo presidente do Leite Río Breogán, José Antonio Caneda, e os seus conselleiros visitaron o vestiario do equipo lucense e pediu aos xogadores que non defrauden aos que "cren" no club.
A entidade lucense publicou nas redes sociais a mensaxe de unión e compromiso que trasladou ao equipo o novo equipo de goberno.
O Consello de Admisitración do CB breogán visitou o vestiario. O presidente presentou a cada membro ao equipo, deu unha mensaxe de unidade e compromiso. Pediu que traballen para seguir sendo un exemplo para os máis novos. «O máis importante é nunca defraudar aos que cren en nós» pic.twitter.com/R6R2jCJLvn
— Leche Río Breogán (@CBBreogan) October 8, 2019
Caneda, que é notario de profesión, xa formara parte no pasado do Consello de Administración do club lucense.
Acompáñanlle na dirección do Lugo Narciso Fernández Iturrospe como vicepresidente; Alfonso Orol, como secretario; e Carmen Lence e Tito Díaz, técnico do club a tempada pasada e director xeral na actual, como vocais.
O Breogán lidera o sexteto de equipos invictos da categoría de prata do baloncesto nacional.