martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

José Antonio Caneda, novo presidente do Breogán

Nova directiva do Breogán. XESÚS Ponche
Nova directiva do Breogán. XESÚS Ponche
Jesús Lázare deixa de ser a cabeza visible do club tras tres tempadas á fronte

O CB Breogán ten novo presidente e é José Antonio Caneda Goyanes. A xunta xeral de accionistas da entidade lucense nomeou este mércores aos membros do novo consello de administración, no que estarán o propio Caneda, Narciso Fernández Iturrospe, Alfonso Orol, María del Carmen Lence –filla do falecido Jesús Lence– e Tito Díaz.

Tras unha reunión entre todos eles ao acabar a xunta xeral nomeouse a José Antonio Caneda Goyanes como novo presidente. Notario de profesión, xa estivo noutras ocasións no órgano reitor breoganista, incluso como vicepresidente na etapa na que o Breogán estivo presidido por Jesús Lence.

Narciso Fernández ocupará o cargo de vicepresidente, Alfonso Orol será o secretario e Carmen Lence e Tito Díaz exercerán de vogais.

Na asemblea, Jesús Lázare, presidente saínte, recibiu unha sonora ovación tras mostrar os seus "agradecementos" a todos os que o acompañaron nestes tres anos á fronte do club.

José Antonio Caneda, novo presidente do Breogán
Comentarios