Cambio de líder en Pantón

A valenciana Natasha Fear colócase na cabeza do V Ribeira Sacra International Ladies Open. A única galega participante, Beatriz Mosquera, quedou fóra da xornada final
Natasha Fear, en la jornada de este jueves
photo_camera Natasha Fear, en la jornada de este jueves

A rookie Natasha Fear marcha primeira no V Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade International Ladies Open, que se disputa no Oca Augas Santas. A valenciana asinou unha segunda rolda moi sólida de 66 golpes, libre de bogeys, que unidos aos 68 deste xoves a colocan como líder en solitario con -6 tras o mancar da xogadora belga Manon de Roey, que este xoves terminou con 75. A só un golpe de distancia séguelle outra nova promesa do golf nacional, tamén no seu primeiro ano como profesional, a canaria Eun Jung Ji Kim, que onte fixo o mellor cartón do día con 64 golpes que a sitúan con -5 en segunda posición empatada coa francesa Astrid Vayson de Pradenne e a suíza Caroline Rominger. Un top ten moi axustado xa que entre a primeira e a décima só hai tres golpes de vantaxe.

Natasha Fear comentou a solidez do seu xogo. "Deixei todos os drive en rúa, menos un, e iso é o máis importante neste campo porque así é máis fácil atacar as bandeiras. O campo está en moi boas condicións", dixo Fear, que podería romper a serie que pesa sobre o torneo, que só conta cunha vitoria española, a de Mireia Prat na primeira edición (2012).

Os participantes desta terceira edición proceden de diferentes puntos de Galicia, ademais de Almería, Bilbao e Hong Kong


O obxectivo de Natasha no seu primeiro ano como profesional será quedar entre as vinte primeiras da Orde de Mérito do Letas para poder ir á final do Let deste ano.

Outra nova promesa española aspira tamén ao triunfo, Eun Jung Ji Kim, a moza canaria asinou un cartón perfecto de 64 golpes (parcial de -6) con cero fallos. é o terceiro torneo como profesional que xoga esta tempada. "Xoguei moi sólida de tee a green, estiven moi acertada co wedge, deixei golpes moi próximos a bandeira e o putt funcionoume. Todo o meu xogo estivo a un alto nivel e apenas fallei algún putt para birdie. Todo correcto", comentaba a xogadora canaria.


Calquera das dúas españolas podería inaugurar o seu marcador en Pantón, coa súa primeira vitoria como profesional, que terá unha recompensa de 35.000 euros en premios.

Manon de Roey, que arrasou na xornada inaugural, perdeu toda a vantaxe lograda na primeira xornada cos 63 golpes, que se foron pola borda tras os 74 deste xoves cos que retrocedeu ata a undécima posición con -2, e a catro golpes de Natasha.

Tamén foi un día aciago para a nova amateur galega Beatriz Mosquera que terminou con 82 golpes. Gran parte da carga chegou no burato 1 (o que era o seu burato 10) que finalizou en 10 golpes.

Ademais, tamén quedaron fose a medallista olímpica Beira Shimanskaya e a francesa defensora do título Marion Duvernay

Si pasou á xornada final a amateur asturiana Ana Sanjuan, que pasou con +5, un menos do corte que quedou establecido en +6. Serán 48 xogadoras as que compitan este venres na última xornada.

Comentarios