lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

O Burela renova o contrato do seu porteiro, o veterano Edu

Edu Saavedra. AMA
Edu Saavedra. AMA
O gardameta cumprirá con esta, trece campañas baixo os paus do equipo lucense

O club Burela FS renovou o contrato do porteiro Eduardo Saavedra Cebreiro, Edu, que defenderá a meta laranxa por décimo terceira tempada consecutiva.

"Para min é un privilexio seguir xogando un ano máis na mellor liga e entre os mellores equipos, co meu equipo, en Burela", confesou o gardameta en declaracións que facilitou o club lucense.

Edu, de 41 anos, compartirá portería co internacional polaco Kaluza, co que se entende "moi ben".

"É unha portería que ofrece a miña experiencia e a vivencia de Michal como internacional, ademais da súa mocidade e ilusión por crecer no fútbol sala español, con gran calidade", valorou o porteiro, que espera que a próxima tempada o equipo pase "menos apuros" que na que se cortou polo coronavirus

O Burela renova o contrato do seu porteiro, o veterano Edu
comentarios