O Peixes Rubén Burela FS ampliou o contrato da xogadora Lara Balseiro para a tempada 2020/21.
A xogadora lucense, en declaracións que facilitou o club, asegurou que "a esixencia" do equipo "sempre é máxima" e as compoñentes do persoal están "obrigadas a dar o máximo"
A á burelista indicou que "xogar no Burela é un privilexio e un soño, á vez que unha responsabilidade" e mostrouse " moi agradecida pola oportunidade de vestir esta camiseta un ano máis".