martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

O Burela confirma a súa baixa como asociado da LFNS

Un lance do encontro entre o Burela e Elpozo. JOSÉ Mª ALVEZ
Un lance do encontro entre o Burela e Elpozo. JOSÉ Mª ALVEZ
O club lucense recorda que "recupera para todos os efectos os seus dereitos de imaxe e televisión que cedera

O Burela Pescados Rubén comunicou á liga Nacional de Fútbol sala (LNFS) a súa baixa como asociado con efectos do 30 de xuño. 

O club galego explica nun comunicado que o motivo da súa solicitude son as "accións xudiciais da LNFS non acordadas cos clubs membros" que "levaron á RFEF (Federación Española de Fútbol) a asumir as competencias organizativas da liga". 

O Burela entende que por ese "motivo o obxecto da asociación conforme aos seus estatutos queda baleiro de contido". 

O club lucense recorda que, tras a baixa na LNFS, "recupera para todos os efectos os seus dereitos de imaxe e televisión que cedera durante esta tempada baixo as premisas de organización da competición e de pertenza á LNFS". 

O Burela confirma a súa baixa como asociado da LFNS
comentarios