O Burela cede a Porto ao Talavera

O lucense regresou ao equipo en pretemporada tras militar no Noia Portus Apostoli e o Santiago Futsal nas dúas últimas campañas
José Antonio Capón Lamas, 'Porto'. BURELA FS
photo_camera José Antonio Capón Lamas, 'Porto'. BURELA FS

O Burela Pescados Rubén confirmou este xoves a cesión do á zurdo José Antonio Capón Lamas, Porto, ao Soliss FS Talavera na tempada 2021/22.

Porto e o conxunto galego chegaron a un acordo para o préstamo do xogador, que ten 24 anos, ao equipo toledano.

O xogador lucense regresou ao Burela en pretemporada tras militar no Noia Portus Apostoli e o Santiago Futsal nas dúas últimas campañas.

En Talavera reencontrarase co técnico Juanma Marrube, co que compartiu vestiario no ascenso do Burela a Primeira División na tempada 20218/19. 

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios