O Burela FSF anuncia a renovación de Cristina Pérez: "Quero gañalo todo"

A murciana, que cumprirá así a súa segunda tempada no equipo laranxa, deixou un gran sabor entre a afección do Vista Alegre

Cristina Pérez conduce el balón durante un partido. PRBFS
photo_camera Cristina Pérez conduce o balón durante un partido. PRBFS

O Peixes Rubén Burela FSF está cada vez máis preto de pechar o seu persoal tras anunciar oficialmente a renovacion de Cristina Pérez, que cumprirá a súa segunda tempada no club laranxa logo de chegar o pasado verán procedente do UCAM.

A xogadora murciana deixou un gran sabor de boca na súa primeira tempada nas filas laranxas, a pesar de que unha lesión de xeonllo lastrou a súa participación na segunda volta. Antes de caer, a xogadora asinou 12 tantos, ademais de impresionar á afección do Vista Alegre polo seu compromiso e esforzo en cada acción, algo que tamén valoran os seus adestradores e as súas compañeiras

A xogadora mostrou a súa satisfacción por continuar no club burelense, no que espera seguir acumulando éxitos logo dos dous títulos da pasada tempada, a Copa da Raíña e a Copa Galicia. "As metas seguen sendo as mesmas, quero gañalo todo. Gañamos as dúas Copas e a liga escapouse por moi pouco. Agora imos outra vez a por todas e ademais teremos a posibilidade da Supercopa", sinalou, moi ilusionada co acordo alcanzado para a súa continuidade.

"Foi todo moi fácil, crin que a miña estancia en Burela sería tan só por un ano, pero cando vin como funcionaba o club e logo da gran tempada, na que estiven moi a gusto tiña que seguir aquí", confesa.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios