Breogán e Obradoiro cítanse na final

BreoganCoruna-001.jpg
photo_camera BreoganCoruna-001.jpg

O Breogán e o Obradoiro disputarán a partir das 12.30 horas deste domingo no Multiusos do Sar de Santiago a final da XXVIII edición da Copa Galicia. O conxunto santiagués impúxose na primeira semifinal ao Ourense Baloncesto por 81-53, mentres que os lucenses, con máis apuros, superaron ao Leyma Coruña 64-70.

Breogán e Leyma protagonizaron un partido deputado pero carente de calidade. O grupo de Lisardo Gómez, no entanto, levou case sempre a iniciativa no marcador e incluso contou cunha máxima vantaxe de 14 puntos (50-64) cando restaban sete minutos para o final.

O equipo lucense mantivo un máis que aceptable nivel defensivo durante todo o encontro, a pesar dalgúns descoidos no rebote. En ataque, con todo, os breoganistas non se mostraron moi lúcidos. Desenvolveron un xogo trabado, con demasiados erros no lanzamento e unha insistencia case enfermiza nos lanzamentos de tres puntos.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios