jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Xogadores do Breogán visitarán este xoves o pavillón novo do Chanto de Sarria

Encontro disputado polo Breogán en Sarria en 2018. AEP
Encontro disputado polo Breogán en Sarria en 2018. AEP
O encontro, coa colaboración do CB Sarria, contará con Dago Peña, Marshall Powell e a mascota, Máximus

O pavillón novo do Chanto de Sarria acollerá este xoves, a partir das 16.30 horas, a visita de varios integrantes do Club Baloncesto Breogán, segundo informou o CB Sarria, colaborador do evento.

A cita contará con Dago Peña, aleiro internacional dominicano que xogou o pasado verán o mundial de China, e con Marshall Powell, ala-pivote norteamericano formado na Universidade de Arkansas.

Tampouco faltará a mascota do club, Máximus, que arranca os sorrisos dos máis pequenos.

Ademais, acudirán ao recinto deportivo da Rúa Castelao dous sarriaos que formaron parte do CB Sarria e que agora están vinculados co Breogán. Trátase de Iago Castro, adestrador axudante do equipo, e Jaime Capellá, preparador físico do club.

Xogadores do Breogán visitarán este xoves o pavillón novo do Chanto...
Comentarios