O Breogán presenta o patrocinio con Estrella Galicia e o equipamento para a campaña 2019-20

Los jugadores del Breogán posan con las nuevas camisetas.XESÚS PONTE
photo_camera Os xogadores do Breogán pousan coas novas camisetas.XESÚS PONTE

O Pazo dos Deportes acolleu este venres a presentación do patrocinio de Estrella Galicia co CB Breogán e da estrea dos equipamentos para a próxima tempada co logo da marca no peito, como xa fixese a pasada tempada na liga ACB.

No acto de presentación, ao que acudiu o persoal ao completo do Breogán, estiveron o responsable de patrocinio de Estrella Galicia, José Villanueva; o delegado en Lugo da marca, Pedro Gay, o presidente do Breogán, Jesús Lázare, e o director xeral da entidade celeste, Tito Díaz. O presidente do club agradeceu o apoio que Estrella Galicia e expresou o orgullo de que unha empresa coa dimensión de Estrella Galicia luza na camiseta celeste.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios