jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

O Breogán fichará un pivote se a lesión de De Thaey é finalmente grave

De Thaey, no partido ante o Cáceres. VITORIA RODRÍGUEZ
De Thaey, no partido ante o Cáceres. VITORIA RODRÍGUEZ
O xogador belga sufriu un golpe no partido ante o Granada da pasada xornada e ten molestias nun ombreiro

O Leite Río Breogán fichará un pivote no caso de que a lesión de Thomas de Thaey sexa grave. O xogador belga sufriu un golpe no partido ante o Granada da pasada xornada e ten molestias nun ombreiro.

Nun principio non se pensaba que fose grave, pero ao ver que non mellora (este domingo foi baixa ante o Delteco) será avaliado pola traumatóloga do club este luns, e o máis probable é que o martes ou o mércores viaxe a Madrid para que sexa visto por un especialista.

No caso de que a súa baixa sexa longa, o conxunto lucense buscará de inmediato no mercado un pivote que destaque polo seu físico e a súa capacidade para rebotear.

O Breogán fichará un pivote se a lesión de De Thaey é finalmente grave
Comentarios