O Breogán cóbrese as costas por se Jordan se vai

O club, ante a falta de resposta do jamaicano á proposta de renovación, anuncia que traballa xa en alternativas

Jerome Jordan lanza a canasta. SEBAS SENANDE
photo_camera Jerome Jordan lanza a canastra. SEBAS SENANDE

O CB Breogán pronunciouse este martes sobre a proposta de renovación realizada a Jerome Jordan, para a que o xogador jamaicano, cuxo contrato acaba o 31 de decembro, aínda non deu resposta.

"Os responsables da parcela deportiva avanzan en diferentes opcións para un posible alternativa", explicaba o Breogán nun tuit, tendo en conta que o club contaba con ter resolta a situación a pasado fin de semana.

El Progreso xa informou este martes que o club podería ter atada un substituto para o pivote xamaicano. Segundo Paco Basanta, o elixido tería pasaporte comunitario. A saída de Jordan, que conta con importantes ofertas, tamén abriría a posibilidade de que Sergi Vidal, cuxo contrato acaba o 31, continuase no equipo. 

A entidade breoganista parece que trata de aplacar a intranquilidade que podería xerar na afección a marcha dun dos puntais do equipo, que chegou para substituír ao lesionado Henk Norel e que está promediando case 11 puntos e máis de 5 rebotes.

Comentarios