O Breogán buscará un final feliz en Granada

O equipo lucense empata a serie final tras un duelo intenso e que se decidiu nos últimos instantes. Sergi Quintela liderou no terceiro cuarto os mellores momentos dos celestes
Sergi Quintela VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Sergi Quintela. VITORIA RODRÍGUEZ

O ascenso á ACB a un só partido. O Río Breogán conseguiu forzar o encontro de strong <>desempate, que se xogará o domingo no Palacio dos Deportes de Granada ás 19.00 horas, ao derrotar este xoves ao Covirán Granada (81-78) nun intenso e emocionante encontro.

O certo é que o conxunto breoganista liquidou unha situación complicada. Toda a presión era para o equipo lucense, ao que unha derrota apartáballe da competición. Os xogadores de Diego Epifanio volveron demostrar que no Pazo son un equipo moito máis sólido, intenso e que se agarra aos partidos da forma que sexa. O deste xoves foi un triunfo que pode valer un ascenso. Certo que o Granada terá a favor o factor cancha, pero tamén o é que o empuxe anímico dos breoganistas é significativo. A presión, o domingo, será para os dous equipos pero coa diferenza de que é a Granada o que xa deixou pasar unha oportunidade e o que posiblemente sufra un maior desgaste nos dous encontros disputados da final.

"Volveron demostrar que no Pazo son un equipo moito máis sólido, intenso e que se agarra aos partidos da forma que sexa"

O encontro non se resolveu ata os instantes finais. é máis, o Covirán Granada tivo cinco segundos para, sacando baixo a súa canastra porque Pablo Pin quedouse sen tempos mortos, poder igualar o encontro, pero o afastado lanzamento de Lluis Costa, un pelín precipitado, non atopou o aro rival.

RELACIONADA â?? Así estiveron os breoganistas, xogador a xogador<>

MÁXIMA VANTAXE. O Breogán alcanzou o minuto 34 de partido coa súa máxima diferenza (74-62). Unha vantaxe que custara sangre alcanzar e que se cimentou en primeiro lugar na superioridade local no rebote (o Breogán capturou 19 rexeites baixo o aro rival), pola limitación nas perdas (cinco na segunda parte polos once dos vinte primeiros minutos) e no gran traballo de Sergi Quintela, que impulsou desde o terceiro cuarto aos seus.

Unha moza breoganista lucindo a súa bufanda VITORIA RODRÍGUEZ

Pero esa diferenza reduciuse paulatinamente. En primeiro lugar pola boa serie de Christian Díaz, que liderou a reacción do seu equipo e tamén porque os granadinos souberon aproveitar os tiros libres. En definitiva, a dous minutos do final, o marcador xa se estreitou perigosamente para os locais (76-73).

Unha canastra de Larsen e un posterior erro dos andaluces volvía dar osíxeno ao Breogán, aínda que unha perda de Sollazzo e unha posterior e alejadísima canastra tripla de Broleph, con evidentes problemas físicos desde o descanso, abrían a falta de 25 segundos todas as posibilidades (78-76). Un tiro libre anotado por Erik Quintela e unha posterior canastra de Lluis Costa —os locais preferiron non arriscar unha falta— establecía un 79-78 no electrónico. A falta de cinco segundos, Ahonen era obxecto dunha falta persoal e o finlandés anotou os dous tiros libres definitivos. Os únicos puntos que conseguiu en todo o partido.

Antes de chegar ao tramo decisivo, o partido transcorrera coa tensión e as imprecisións propias dun encontro destas características. Empezou mandando o Breogán, que aos tres minutos gañaba por nove puntos (13-4). O Granada só obtiña resposta por medio de Bropleh, que aos seis minutos anotara once dos doce puntos do seu equipo (13-12). Realmente o beirado con pasaporte liberiano parecía imparable, aínda que o Breogán atopou a solución para que deixase de xogar tan cómodo. Diego Epifanio puxo en pista a tres grandes (Kacinas, Cruz e Larsen), co que ademais de intentar imporse no físico fixo que o lituano se emparellase con Bropleh. Non só o xogador do Granada viu interrompido o seu festival anotador —acabou o primeiro cuarto con 14 puntos— senón que ademais sufriu en defensa, onde Kacinas buscoulle unha e outra vez no poste baixo. 

O Breogán levara o partido onde lle interesaba pero as once perdas de balón antes do descanso lastraban as súas opcións, aínda que o Granada tampouco sacara excesivo rédito (39-41). Despois, o Breogán limitou eses erros e conseguiu o triunfo que lle permite seguir pensando no ascenso. Será unha cara ou cruz.

1033de19-267a-4247-b652-4ada5c842029

Comentarios