Borja San Emeterio, preto de marchar cedido ao Baleares

O lateral dereito cántabro estivo esta tempada a préstamo na Cultural Leonesa

Borja San Emeterio. AEP
photo_camera Borja San Emeterio. AEP

O CD Lugo ultima a cesión do lateral dereito Borja San Emeterio ao Atlético Baleares, de Segunda División B.

O secretario técnico do conxunto galego, Manolo Mandiá, confirmou este venres que está "bastante avanzada" a negociación para o préstamo do futbolista cántabro.

"Practicamente estamos a intercambiar a documentación e é probable que haxa un acordo de cesión en pouco tempo", admitiu.

San Emeterio foi incorporado polo Lugo na tempada 2018/19 tras desvincularse do Sevilla Atlético e, tras disputar dous partidos coa camiseta branquivermella, foi cedido no mercado invernal á Cultura Leonesa, de Segunda B, equipo co que xogou cinco choques, todos como titular.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios