O Media Maratón Ribadeo- As Catedrais se blinda contra o covid- 19

A organización da proba toma medidas para evitar os contagios, como saídas graduadas ou a obrigación de utilizar máscara os primeiros metros
undefined
photo_camera Varios participantes da edición de 2019 ao seu paso por Rinlo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A sétima edición da Media Maratón Ribadeo-As Catedrias se blinda contra o covid-19. Para iso, a organización, que corre a cargo do Concello de Ribadeo, implementou unha serie de medidas para mitigar o máximo posible as posibilidades de contaxio entre os 760 atletas que van tomar a saída. Entre as medidas novas está que os exercicios de quecemento que se realizarán en torno ao concello teranse que facer con máscara, a cal se tirará aos colectores de lixo nun punto determinado dentro do primeiro quilómetro.

Para previr en todo o posible os contagios durante a carreira, a saída dos atletas serán graduadas. Así, sairán vinte atletas cada vinte segundos, dependendo do tempo acreditado que se lles solicitou á hora de facer a inscrición. Así, os vinte mellores tempos acreditados serán os primeiros en tomar a saída, e así consecutivamente, durante un cuarto de hora, ata que salgan os últimos. O tempo empezará a correr unha vez cruzado o arco de saída.

Quen o desexe, á hora de recoller o dorsal e o chip, que se poderá facer o sábado entre as 11.15 e as 13.15 e as 14.45 e as 16.30 horas na casa do Concello, poderá pedir unha máscara cirúrxica no momento da recollida. Unha vez finalizada a proba, a cada un dos atletas que traspasen a liña de meta entregaráselles unha mascara cirúrxica.

Os participantes na proba deberán entregar unha declaración responsable á hora da recollida dos dorsais, que se pode imprimir a través da páxina web de championchipnorte, e onde se especifica, entre outras cousas, que o atleta non tivo problemas respiratorios nos últimos 14 días nin febre superior aos 37,5 graos e que non estivo en contacto con ningunha persoa que fose confirmada por covid-19 nos últimos 14 días.

Comentarios