viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

Ben aposta polo 800 no Nacional de pista cuberta

Adrián Ben, durante un entrenamiento. AMA
Adrián Ben, durante un adestramento. AMA
O vivariense non será o único lucense na cita de Madrid, xa que tamén acudirá a Gallur o mozo Alexander Barreiro

Adrián Ben regresará á proba que lle deu o seu maior éxito internacional ata o momento, os 800 metros lisos, para o campionato de España de pista cuberta, que se celebrará desde o venres ata o domingo no polideportivo madrileño de Gallur. O atleta mariñán aposta por primeira vez esta tempada pola distancia na que foi sexto no campionato do mundo de Doha, logo de disputar unha carreira de 3.000 en Valencia e dúas de 1.500 en Barcelona.

Ben é un serio aspirante a strong <>medalla nunha proba de máximo nivel na que estarán rivais de gran entidade, como Mariano García, Álvaro de Arriba ou Pablo Sánchez Valladares.

O vivariense non será o único lucense na cita de Madrid, xa que tamén acudirá a Gallur o mozo Alexander Barreiro, que competirá na proba de triplo salto. O atleta do Lugo Running Club by Ramos Lourés, que se proclamou subcampión de España sub-23 en Valencia, partirá coa sétima marca entre 8 participantes, pero intentará coller experiencia e mellorar os 15.09 que fixo na capitaldel Turia.

A que non poderá estar a pelexar por medalla en Madrid é a monfortina Saleta Fernández, que estaba preinscrita na proba de salto de altura feminina, pero que non poderá acudir á cita debido a unha lesión.

Ben aposta polo 800 no Nacional de pista cuberta
comentarios