O Breogán ficha ao xogador belga Thomas deThaey

O ala-pivote de 2,03 metros e 28 anos chega procedente do Oliveirense, campión luso

Thomas deThaey. BREOGÁN
photo_camera Thomas deThaey. BREOGÁN

O xogador belga Thomas deThaey xa é xogador do Leite Río Breogán, segundo informou o club este sábado.

O ala-pivote procede do O.D. Oliveirense portugués, onde promediou 14,8 puntos, 7,8 rebotes, cun 70% en tiros de campo e un 86% en tiros libres en 36 partidos, "sendo peza clave no éxito do equipo portugués que acadou na pasada campaña a Taça co xogador belga como MVP do torneo, a Supercopa e a Liga portuguesa (LBP)", apunta o Breogán nun comunicado.

"Trátase dun catro físico, intenso, atlético e forte no rebote debaixo dos dous aros, versátil e con capacidade de xogar como aleiro ou en postos máis interiores, anotador  dende diferentes posición, bo penetrador e con velocidade para percorrer a pista en transición", apunta o club.

Formado na Canarias Basketball Academy e na Universidade de Carolina do Norte (NCAA), De Thaey ten experiencia no baloncesto belga, francés e portugués, co un breve paso por Romanía.

Comentarios