Barreiro: "Está a ser un ano máis tranquilo"

O dianteiro do Club Deportivo Lugo celebra que, logo de varios anos de incerteza ao final de cada curso, este sexa máis tranquilo para o equipo lucense
Manu Barreiro, celebrando un gol del Lugo. ARCHIVO
photo_camera Manu Barreiro, celebrando un gol del Lugo. ARCHIVO

O dianteiro do Club Deportivo Lugo, Manu Barreiro, valora a tranquilidade dunha tempada que, a priori, non parece que vaia terminar coas tres últimas. A boa dinámica do equipo lucense desde o inicio de campaña permítelle mirar o último tramo do curso con relativa calma, consciente de que os postos de descenso están lonxe a falta de 12 xornadas para que termine a liga. "Está a ser un ano máis tranquilo, levamos varias tempadas complicadas pero esta marxe dános calma. Podemos ir conseguir cousas sen esa obrigación, e o traballo da semana sempre é mellor así", apuntou.

O Lugo mídese este sábado (18.15 horas) ante o Almería, un dos claros candidatos ao ascenso. E farao no Estadio dos Xogos Mediterráneos, unha praza complicada. "Será un partido diferente ao da ida, en casa sempre se sae con outra velocidade e sabemos que imos sufrir, así que hai que executar o plan deseñado polo míster".

Respecto ao rival, Barreiro asegurou que "seguro que acusan a presión de ter que gañar, e iso sempre condiciona". Ademais, recordou que o Lugo "pode facer dano en calquera acción, temos esa eficacia".

A nivel individual, Barreiro recoñeceu que xoga con algunha "que outra molestia" pero que se atopa ben. "Son un xogador que necesita partidos, pero estou con ganas e teño corda para tempo".

Respecto da súa competencia na posición de dianteiro centro, Carrillo, o dianteiro galego valorou a relación que existe entre ambos. "Hai unha relación especial, o meu fillo aprécialle moito e as familias están moito tempo xuntas. é importante que teñamos este vínculo, non me sorprende nada, é excepcional".

Ademais, valorou a chegada do central-lateral Pol García, de 25 anos, que se atopa a proba co primeiro equipo. "Non lle coñezo, pouco podo dicir. Pídeselle que sumo, que achegue e que nun futuro nos proporcione cousas".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios