Axuda desde o Pazo

Alberte Fernández, Luis Abelleira y Santiago Argüeso, este miércoles en el Pazo. Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Alberte Fernández, Luis Abelleira y Santiago Argüeso, este miércoles en el Pazo. Foto: XESÚS PONTE

O Pazo dos Deportes de Lugo vivirá o sábado unha xornada na que a solidariedade e o baloncesto irán da man. O CB Breogán, o CD Ensino e a Cruz Vermella unen as súas forzas para, aproveitando o indubidable atractivo dos encontros que disputarán os dous equipos lucenses, para que os afeccionados poidan axudar á institución humanitaria a recadar alimentos que repartirá, como explicou o presidente en Lugo da Cruz Vermella Luís Abelleira, entre os máis necesitados. «Estes últimos anos están a ser moi difíciles para moitas familias e necesitamos máis aínda do que estamos a recoller. Breogán e Ensino sempre están connosco e unha vez máis nos axudarán e agradécese este xesto solidario».

O Ribeira Sacra Breogán recibirá ás 18.00 horas, no Pazo dos Deportes de Lugo, ao Valladolid, un rival directo na loita polo ascenso e ás 20.45 horas, o Durán Maquinaria Ensino enfrontarase ao GDKO Bizkaia. Ambos os equipos permanecen invictos na liga Feminina 2 e comparten o liderado da competición.

Os abonados tanto do Breogán como do Ensino poderán presenciar os dous partidos. Ademais, os afeccionados que acudan con cinco paquetes de alimentos non perecedoiros poderán asistir de forma gratuíta a ambos os eventos.

No acto de presentación desta iniciativa estiveron presentes, ademais de Luís Abelleira, Alberte Fernández, conselleiro do Breogán; Santiago Argüeso, directivo do Ensino e que desculpou a ausencia da presidenta do club, Teté Latas, por motivos persoais, e a portavoz do club ensinista, Loli Vilares.

Comentarios