miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

El Arenal Emevé suma a súa cuarta vitoria consecutiva

Partido entre o Emevé e o Melilla. VICTORIA RODRÍGUEZ
Partido entre o Emevé e o Melilla. VICTORIA RODRÍGUEZ
O conxunto lucense celebra o triunfo coincidindo coa festa da súa canteira

O Arenal Emevé acomódase na zona amornada da clasificación da Superliga masculina de voleibol tras derrotar este sábado no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo ao Melilla por tres sets a cero, con parciais de 25-17, 25-23 e 27-25.

O conxunto lucense está en estado de graza. Ante o equipo norteafricano, que marcha pechacancelas sen triunfo algún en seis xornadas, encadeou a súa cuarta vitoria consecutiva, a primeira por tres a cero. 

O triunfo producíase ademais na xornada na que o Areal Emevé celebraba a festa da súa canteira.

El Arenal Emevé suma a súa cuarta vitoria consecutiva
Comentarios