El Arenal Emevé refórzase con Carla Jiménez Ruiz, promesa do voleibol español

A catalá, de só 17 anos, formaba parta da concentración permanente da selección 
TeamPlayer_502_6462
photo_camera Carla Jiménez Ruiz. RFEVB

A catalá Carla Jiménez (14/07/2002) xogará a próxima tempada no Areal Emevé. A central é unha das xoias da concentración permanente da Selección Española en Soria, onde coincidiu con Carolina Camino, que agora será a súa compañeira en Lugo, e unha das xogadoras con máis proxección do momento.

Segundo asegura o Emevé nun comunicado, trátase dunha xogadora que, a pesar da súa mocidade, "conta con moita experiencia na competición de alto nivel; e isto unido á súa altura, a súa calidade e a súa garra fan de Carla unha xogadora intimidante e diferencial na rede".

O equipo lucense segue fiel á súa tradición de formación de xogadoras, neste caso na máxima competición do voleibol español.

Comentarios