O Arenal Emevé refórzase co colocador madrileño Guillermo Loeches

Procede do L'illa de Grau e disputou o pasado All Star da Superliga
732ff8a1-b633-4e20-9144-141bbca1c099

O Arenal Emevé refórzase coa chegada de Guillermo Loeches, colocador que procede do L'illa de Grau de Castelló e que conta con experiencia na Superliga masculina.

O seu bo papel na campaña pasada serviulle para disputar o All Star da competición e chegou a ser nomeado mellor colocador nalgunha das xornadas.

Nacido en Alcalá de Henares (1996) formou parte da Concentración Permanente da Selección Española cando militaba en categorías inferiores e a súa fichaxe reafirma as altas aspiracións do equipo lucense de face á próxima tempada.

Comentarios