3-0. O Arenal Emevé cae na Rioxa na resaca da Copa

O conxunto que dirixe José Vale sitúase sétimo na táboa 
Rocío Gómez remata en el duelo de Copa ante el Emevé. XESÚS PONTE
photo_camera Rocío Gómez remata en el duelo de Copa ante el Emevé. XESÚS PONTE

O Arenal Emevé non puido repetir na liga Iberdrola o triunfo que logrou na Copa da Raíña sobre o Haro Rioja. O conxunto que dirixe José Valle sitúase sétimo na táboa tras a clara derrota en Logroño por 3-0.

Os dous primeiros sets marcaron a tendencia para o conxunto lucense. No primeiro estiveron por baixo no tenteador con vantaxes cómodas para as rioxanas.

No segundo nunca tiveron unha vantaxe favorable e contaron case desde o inicio cunha diferenza de cinco goles que nunca puideron remontar. Con 2-0 en contra, as lucenses non puideron refacerse e acabaron caendo no tramo final a pesar da melloría no seu xogo.

FICHA TÉCNICA
3 - Haro Rioja: Rocío Gómez, Jessica Soares, Ane Cengotitabengoa, Caroline Stephens, Fernanda Gritzbach, Ann Riley —sexteto inicial—, Clara Barceló (líbero), Ana Belén Pérez e Aida Etxebarría.
0 - Arenal Emevé: Carolina Camiño, Darlevis Mosquera, Jimena Gayoso, Marta Otero, Inmaculada Lavado, Yael Castiglione —sexteto inicial—, Eliana González (líbero), Lida Figueira (líbero), Julia Paradela, Ainara Burgo e Sara Urrea.
Parciais: 25-18 en 21 minutos. 25-14 en 22 minutos. 25-21 en 25 minutos.
Árbitros: Daniel Gálvez e Antonio Correa.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Municipal O Feiral.

Comentarios