sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Adiados o Arosa-Somozas e o Alondras-Polvorín por un positivo no club coruñés

Un balón de fútbol. ARCHIVO
Un balón de fútbol. ARCHIVO
O caso detectado no conxunto coruñés afecta tamén ao partido que ía disputar o filial do Lugo ao ser xornada unificada

O xuíz único de Competición adiou o Arosa SC-UD Somozas e o Alondras CF-Polvorín FC da vindeira fin de semana polo positivo en covid-19 dun xogador do UD Somozas

En reunión de urxencia, Competición decidiu aprazar o encontro correspondente á sexta xornada de liga da 2ª Fase Grupo C da Terceira División, do grupo de ascenso, entre o Arosa SC e UD Somozas ao notificarse un caso no equipo coruñés.

Este acordo afecta a tercerios, xa que o partido pertence a unha xornada con horario unificado e cuxos resultados teñen incidencia directa na orde clasificatoria da segunda fase en canto aos emparellamentos de cara aos playoffs e ao factor campo. Deste xeito, o xuíz decidiu aprazar tamén o Alondras-Polvorín, o outro encontro que indiciría na clasificación final. Ambos os partidos celebraranse nunha nova data que se determinará en vindeiras datas.

Adiados o Arosa-Somozas e o Alondras-Polvorín por un positivo no...
comentarios