miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Aprazado o Ensino-Valencia tras anunciar varios positivos o conxunto taronja

El Ensino cayó en Valencia. ÁREA 11
Partido entre a Valencia e o Ensino. ÁREA 11
En semanas anteriores tivera tres positivos

O Valencia Basket anunciou este martes a detección de varios novos casos de positivos por coronavirus no persoal polo que o partido que debía disputar este xoves na Liga Feminina ante o Duran Maquinaria Ensino en Lugo foi aprazado e aínda non ten nova data.

O club valenciano, a diferenza do que ocorreu anteriormente, non especificou nesta ocasión cantos casos de covid-19 detectou.

A entidade valenciana confirmou nas semanas anteriores, en quendas de probas diferentes, tres casos. Un deles foi o do técnico Rubén Burgos e os dous do persoal, que coincidiron coas baixas de Cristina Ouviña e Laura Juskaite, xa teñen a alta médica, segundo puido saber axénciaa Efe por diversas fontes.

A pesar deses casos ao ser o resto de resultados negativos, a Valencia puido, entre o martes e o venres da semana pasada, disputar a fase regular da Eurocopa na que ademais exercía de anfitrión dos grupos.

Aprazado o Ensino-Valencia tras anunciar varios positivos o...
comentarios