Aprazada a xunta xeral ordinaria de accionistas do Leche Río Breogán

A medida tómase por estritos "motivos sanitarios e de impedimento de aforamento na sede prevista"
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Xunta xeral de accionistas do Breogán de 2019. ARQUIVO

O CB Breogán anuncia que a xunta xeneral ordinaria de accionistas, que se ía a celebrar o día 17 de decembro ás 20.00 horas, en primeira convocatoria, ou o 18 de decembro ás 20.00, en segunda convocatoria, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, foi aprazada.

O club celeste anuncia que a causa deste adiamento é debida "á situación actual, por estritos motivos sanitarios e de impedimento de aforamento na sede prevista".

Nos próximos días publicarase no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil a nova sede e data da asemblea.

A través dun comunicado, o Breogán, pide perdón aos seus accionistas. "En vista do anterior, rogamos as pertinentes desculpas, así como a comprensión pola impredicible situación sanitaria actual, e facemos saber aos accionistas que así se interesaron ou queiran facelo, que seguirán obtendo durante esta semana a documentación pertinente en relación á orde do día preestablecido".

Comentarios