Oito anos que xa son nove

O Lugo achégase á década en Segunda División tras a permanencia lograda esta campaña
Manu, capitán del Lugo, celebra el ascenso en Cádiz. AEP
photo_camera Unha acción do encontro que enfrontou ao Lugo co Mirandés. VÍCTORIA RODRÍGUEZ

Unha mochila chea con recordos de oito anos que en xuño do 2021 serán nove. Nesa mochila teñen cabida momentos de gloria e de tristeza, de alegría e preocupación, de ilusión e decepción, de toda unha vida futbolística condensada en oito tempadas de ilusión. Porque todo este tempo foi a época de maior gloria dun club de 67 anos de vida e o serán un ano máis. Nesa mochila caberán os dous tantos de Cristian Herrera nunha remontada histórica no Ángel Carro.

Estes momentos chegarían cando Manu impactou coa súa bota esquerda aquela pelota desde os once metros da portería norte do Ramón de Carranza inaugurou unha etapa inesquecible no outro extremo da Península Ibérica. Aquel último penalti da quenda do 24 de xuño de 2012 permitiu ao Lugo un ascenso que gozou oito anos. Quizais ninguén pensase que a aventura duraría tanto. Quizais si o fixesen. O que é seguro que a bancada do Ángel Carro gozou como ningunha dunha categoría cada ano máis competitiva.

Polas retinas de cada seguidor lucense pasaron futbolistas que brillan agora en Primeira División. No cesped regado polo Miño xogaron campións de Europa como Casemiro, Lucas Vázquez, Morata, Nacho ou Rafinha; saltaron ao seu verde internacionais como Marcos Senna, Bruno Soriano ou Olof Mellberg: vivíronse derbis emocionantes ante o Deportivo ou encontros veciñais coa Ponferradina; viño A Mareona desde Xixón, Lugo tinguiuse do azul carbayón ou pasaron equipos da talla do Zaragoza, o Vilarreal, o Mallorca ou o propio Dépor. Algo impensable cando o Lugo estivo preto de desaparecer a principios do presente século.

A oitava tempada tocou ao seu fin e deixou como recordo a éxtase final para borrar a agonía de estar sempre ao fío do abismo, co arame cada vez máis débil e a capacidade de equilibrarse máis afinada coa chegada do santo Juanfran ao banco.

Comentarios