Alicia Merino, prata no Nacional júnior de heptatlón

A atleta lucense Alicia Merino, do Lucus Caixa Rural Galega, logrou a medalla de prata na proba de heptatlón no campionato de España junior de atletismo disputado o pasado fin de semana na localidade valenciana de Xátiva.

Alicia fíxose co segundo posto a pesar das adversas condicións climatolóxicas, xa que a atleta de 17 anos non está aclimatada ás altas temperaturas que se rexistraron nas dúas xornadas de competición.

A heptatleta conseguiu unha excelente puntuación de 4.442 puntos, e quedou tan só a 58 da mínima esixida para participar no campionato de España absoluto e a 174 da actual marca galega. Alicia Merino tratará de superar ambas as marcas no Autonómico de probas combinadas, que se disputa este fin de semana en Pontevedra.

Por outra banda, Paula Ferreiros finalizou cuarta en salto de altura, cun rexistro de 1.70 metros nun concurso marcado polo alto nivel das participantes.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios