Así foi o golpe que lesionou a Llorca

As primeiras probas apuntan a unha fractura no óso hioides, situado na parte anterior do pescozo. O escolta permanece en observación tras impactar o codo de Sergio de la Fuente sobre a súa nuca

O escolta do CB Breogán, Álex Llorca, permanece ingresado en Hospital POLUSA e, segundo informacións transmitidas polo club, as primeiras probas realizadas apuntan a unha fractura no óso hioides, situado na parte anterior do pescozo.

A lesión produciuse nunha xogada na que o cóbado da á-pivote Sergio de la Fuente, do CB Valladolid, impactou con forza no pescozo de Llorca, quen acabou no chan con fortes dores mentres se disputaba o primeiro partido da semifinal.

O alcance da lesión está a ser valorado por un equipo médico multidisciplinar que establecerán os prazos e o tratamento necesario para a súa recuperación.

Comentarios