jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

O exbreoganista Álex Llorca ficha polo Leyma Coruña

Álex Llorca. ARQUIVO
Álex Llorca. ARQUIVO
O club considera que está recuperado da lesión de costas, produto dunha hernia, que o obrigou a pasar polo quirófano en agosto

O Leyma Básquet Coruña anunciou este mércores a fichaxe do escolta catalán Álex Llorca, que militou as cinco últimas tempadas no Montakit Fuenlabrada, co que competiu na liga Endesa. A intención do equipo coruñés é que poida estar a disposición do seu novo adestrador, Sergio García, no partido fronte a Levitec Huesca o día 9 ás 19.00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

O Básquet Coruña destaca do xogador de 1,92 metros de altura "o seu gran físico e o seu descaro ofensivo, cun gran un contra un e un amplo rango de tiro".

Llorca conta con ampla experiencia tanto na liga LEB Ouro, onde militou en equipos como Breogán, Lleida e Alacante, como na máxima categoría.

O conxunto coruñés considera que Llorca, que era axente libre tras desvincularse do Fuenlabrada á conclusión da tempada pasada, está recuperado da lesión de costas, produto dunha hernia, que o obrigou a pasar por quirófano en agosto.

O exbreoganista Álex Llorca ficha polo Leyma Coruña
comentarios