Aldara Meilán: "Aínda o estou asimilando"

A atleta lucense xa está de volta en Lugo logo de lograr a medalla de ouro por equipos no Mundial de marcha sub-20 que se celebrou o pasado fin de semana en Turquía
Aldara Meilán, Sofía Santancreu y Griselda Serret. EP
photo_camera Aldara Meilán, Sofía Santancreu y Griselda Serret. EP

é o ano da lucense Aldara Meilán. A atleta sub-20 proclamouse campioa mundial por equipos o pasado fin de semana durante o Mundial de marcha que se celebrou en Antalya (Turquía), tan só dous meses logo de facerse coa medalla de ouro no Nacional sub-20 que se celebrou en Zaragoza. Como fixo entón, dous días despois de tocar o ceo volvía á súa vida normal, a do instituto, coma se nada ocorrese.

"Aínda o estou asimilando", conta a lucense logo de alcanzar a gloria en Turquía co título por equipos e a súa segunda posición no apartado individual. A só seis segundos (45.12) quedou da máxima favorita, a chinesa Xizhen Yang (45.06), tras unha trepidante carreira que se decidiu tras a última curva. 

"Falamos entre nós —Sofía Santancreu, Griselda Serret e Meilán— pero non sabiamos que facer porque era a nosa primeira competición internacional e a primeira vez que nos mediamos ás chinesas, así que tiñamos moito respecto", recorda a lucense.

"Nos primeiros quilómetros esperamos a ver que facían, de feito o principio de carreira é lento ata que os adestradores dixéronnos que tirásemos máis, e aí puxémonos as miñas compañeiras e eu diante a incrementar o ritmo", relata.

Foi aí cando chegou o momento decisivo da proba, logo dunha "primeira parte bastante tranquila na que Sofía Santancreu e eu mirabámonos sen saber moi ben que facer".

Chegou o ecuador de carreira e quedaba todo por decidir. Descolgouse Serret pero a gran sorpresa chegou cando unha das chinesas, Duo, perdeu contacto coa cabeza de carreira, quedándose catro marchadoras ao toque de campá: Meilán, Santancreu, Yang e Chen.

"Tocábanos competir o segundo 5.000, que custou bastante máis que o primeiro", comenta Aldara Meilán. "Ao virar a última curva xa foi cando se decidiu todo", conta a atleta lucense. "Íbamos as chinesas, Sofía Santancreu, unha italiana e eu, e todo decídese na última recta".

Así foi. Tras quedar descolgada Chen, as españolas aseguráronse un posto no podio e a vitoria por equipos. O último quilómetro foi vertixinoso e a líder do ano, Yang, asestou un letal cambio de ritmo a falta de 700 metros para pór terra polo medio e facerse coa medalla de ouro. Meilán entraba segunda, a só seis segundas, e Santancreu, terceira, a cinco segundos da lucense.

"Estou moi contenta, non só pola segunda posición, sobre todo estouno polo título por equipos", expresa xa desde Lugo, onde retomou o seu día a día.

A do pasado fin de semana é a primeira medalla de ouro sub-20 que España consegue nunha proba que ata agora fora coto privado de China e de Rusia. Alí estaba unha lucense, Aldara Meilán, para entrar nos libros de historia do atletismo español.

Comentarios