Albés: "Sentiamos que en fase ofensiva quedabamos curtos"

O técnico do Lugo mostrouse "satisfeito" co traballo do equipo nestes primeiros días de preparación
Rubén Albés. ARCHIVO
photo_camera Rubén Albés. ARQUIVO

O adestrador do Lugo, Rubén Albés, asegurou que o seu equipo está a avanzar na pretemporada con pasitos "moi curtos pero na liña correcta" cara ao que será a súa décima campaña consecutiva en LaLiga SmartBank e dixo que pretende mellorar na faceta ofensiva, xa que sentía que se estaban quedando "un pouco curtos".

"Seguimos acumulando moito traballo. Estes primeiros días foron esixentes para todo o mundo, unha cultura de esforzo, de disciplina á hora construír o noso equipo, sobre todo ser capaces de superar límites", comentou en declaracións que facilitou o club.

Albés dixo que puido "aproveitar estes días" de pretemporada para avanzar no modelo de xogo que quere aplicar, sobre todo en ataque.

"Puidemos aproveitar estes días para ir desenvolvendo o noso modelo en todas as fases, para intentar implementar argumentos novos sobre todo en fase ofensiva onde sentiamos que se cadra quedabamos un pouco curtos e manter o nivel de organización defensiva con que acabamos a tempada pasada", apuntou.

"Ata agora é para estar satisfeitos. Imos dando pasitos moi curtos pero na liña correcta", engadiu o preparador branquivermello, quen considerou que o "importante é chegar ben á primeira semana" da tempada, a mediados de agosto.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios