Adrián Pirata: "Intuín que o rival tiña unha lesión grave e botei o balón fóra"

O xogador lucense do Santiago FS deixou pasar unha clara oportunidade para marcar ao ver ao seu defensor no chan
photo_camera

Pensar nun compañeiro de profesión antes que no resultado dunha partido clave. Pensar en levar a cabo un comportamento exemplar, en ser xusto e deportivo por encima de todo, como mamó desde pequeno en Lugo e como o fai na actualidade en Compostela. Adrián Pirata non negocia a súa integridade e demostrouno na xornada da Segunda División de fútbol sala do pasado fin de semana, cando preferiu tirar un balón fose cando encaraba só ao porteiro do Manzanares á posibilidade de anotar un tanto que certificaría a vitoria nun duelo básico para o seu club, o Santiago Futsal.

Con 0-3 no marcador, pero con 10 minutos para o final ante o segundo da táboa, que se poría líder de gañar, un xogador do Manzanres intentou controlar o balón preto da súa área, pero escorregou e o baló caeu nos pés do lucense para anotar o cuarto do seu equipo e o segundo da súa conta persoal, pero ouviu un berro de dor e tirou a pelota fose para interesarse polo estado do seu rival. O encuentor acabou con 1-3.

é unha décima de segundo o tempo que tes para pensar que é o que debes facer. Non te paras a pensar no resultado, senón no xogado

"No momento foi o que me saíu. é certo que se escorrega, pero ao instante escoitei como gritaba e intuín que podía ser unha lesión grave. Crin oportuno botar o balón fóra", declarou Pirata. "É unha décima de segundo o tempo que tes para pensar que é o que debes facer. Non te paras a pensar no resultado, senón no xogador, porque pensaba que podía ser unha lesión grave", engadiu o xogador lucense.

"É a primeira vez que me pasa a min e a estes niveis. Pero hai pouco vira o exemplo de Solano, o xogador de Cartaxena, que o fixo nun partido contra Zaragoza. quedaba só contra o porteiro, pero Javi Alonso estaba lesionado e tamén a botou fóra. Que xogadores profesionais fagan iso serve de exemplo para a categoría base", dixo.

O xogador recibiu o agradecemento dos xogadores do Manzanares e da afección presente no pavillón manchego. "O público ovacionounos ao equipo e ao finalizar o encontro animáronnos moito e dedicáronnos palabras bonitas. Foi unha gran reacción que mostra o bo que é o noso deporte".

No vestiario tampouco tiñan dúbidas de que o xesto de Adrián Pirata era o adecuado. "Todos comentamos que era o adecuado. Este club transmítenos eses valores. Ao final o que teño que tomar a decisión era eu e fíxeno así porque foi o que me ensinaron a min desde pequeno". "Ao final hai que ser deportivos e pensar no rival tamén, na súa integridade física", concluíu o futbolista de Lugo.

Importante nun club que loita por seguir en Segunda
O xogador nacido en Lugo (5/2/2000) e formado no Prone, no que militou ata a tempada 2017-18, está a callar unha boa tempada no Santiago Futsal a pesar de que o seu equipo pelexa por manterse na Segunda División do fútbol sala español. "A nivel individual está a ser unha boa tempada. Pero ao final un bo ano hai que asinalo cando se acaba, porque as cousas poden torcerse. Trato de estar centrado no equipo e no traballo diario, porque é no que creo", considerou Adrián Pirata sobre a súa tempada no club de Compostela.

Difícil no colectivo

O Santiago Futsal ocupa un dos tres postos de descenso, aínda que o triunfo en Manzanares pode ser importante. "Vainos a tocar unha tempada na que pelexaremos ata o final por salvarnos. Esta vitoria vénnos moi ben a nivel de confianza".

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios