Adrián Ben logra a mínima pero queda sen praza en Belgrado

O vivariense marcou o seu mellor rexistro do ano pero non estará no Mundial de pista cuberta ao non aumentar a cota de españois 
Ben acabó cuarto JJ.GUILLÉN
photo_camera Ben acabó cuarto JJ.GUILLÉN

Adrián Ben cumpriu o seu parte do trato na proba do World Indoor Tour de Madrid para estar no Mundial en pista cuberta, ao conseguir a mínima nos 800 metros lisos, pero non poderá acudir ao non aumentar a cota de españois de face á cita de Belgrado.

O atleta vivariense necesitaba baixar de 1.47.00 e fíxoo con solvencia, ao marcar o seu mellor rexistro do ano (1.46.17) e quedar cuarto, pero necesitaba tamén que Mariano García terminase por diante de Elliot Giles para conquistar o World Indoor Tour, algo que non sucedeu por ben pouco. Gañou Giles, con 1.45.43 por diante de Mariano, con 1.45.82.

Adrián Ben non foi o único lucense que participou na reunión de Gallur, xa que Adiaratou Iglesias competiu na proba de 60 lisos inclusiva e fíxoo ademais con éxito. Adiaratou foi a máis rápida, con 7.74.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios