viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

¡¡Histórico quinto posto de Adrián Ben!!

Adrián Ben. EUROPA PRESS_
Adrián Ben, tras a final. EFE
O atleta vivariense fai historia e mellora a sexta praza conseguida nos Mundiais de Doha

Adrián Ben logrou un histórico quinto posto na final olímpica dos 800 metros lisos. Sería histórico igualmente aínda que acabase noveno, porque ningún español lograra clasificarse para a final da modalidade. Sería histórico igualmente se quedase nas semifinais, tendo en conta a idade –este mércores cumpre 23 anos– e as marcas coas que chegaban os rivais. Houbese, houbese, houbese, pero iso a Adrián dálle igual. Porque el avisou de que viña a por todas. Avisou de que non asinaba ningún posto por baixo da sexta praza –tamén histórica– que logrou no Mundial de Doha. E iso foi exactamente o que conseguiu. Un quinto posto apoteósico que o eleva aos altares do atletismo galego.

O día quedará tamén na historia de Viveiro, que saíu á rúa para animar ao seu compatriota, e do resto da provincia de Lugo, que se pegou á televisión como os días grandes. Vibrando ao comezo da carreira e gozando o grandioso final.

Ben empezou tranquilo, observando aos seus rivais desde a cola do grupo, pero sen perder corda coa cabeza. Como nas semifinais, avaliando aos seus rivais. Esperando o seu momento. Acazapado, pero coa tensión necesaria para chegar ao final con vida.

Bol encabezou o grupo ao final da primeira volta, con Ben desde o exterior. Mediado o segundo xiro, o vivariense cambiou o ritmo, confiando no seu excepcional final. Ben aguantou, apertou os dentes, e negouse a renderse. O dúo kenyano –ouro e prata– era demasiado forte, pero Adrián sabía que podía pelexar co resto de rivais. E é o que fixo. 

Na recta de meta, cando os metros se converten en quilómetros, cando cada zancada pode supor o desmaio final, Adrián sacou o seu xene competitivo, o seu alento oculto nese corazón enorme, e pasou polo centro a Amel Tuka e a Tual, rubricando esa quinta praza cun tempo de 1:46:96 que o consagra como unha peza imprescindible do futuro –¡23 anos!– e do presente do atletimo mundial e un referente para a historia. 

¡¡Histórico quinto posto de Adrián Ben!!
comentarios