¿Adeus de Prado ao título en MXGP?

O convincente triunfo de Tim Gajser no Gran Premio de Lommel e a baixa de Prado deixa ao lucense case sen opcións de gañar o Mundial
Jorge Prado, durante el Gran Premio de Flandes. JUAN PABLO ACEVEDO
photo_camera Jorge Prado, durante o Gran Premio de Flandes. JUAN PABLO ACEVEDO

A ausencia de Jorge Prado no Gran Premio de Lommel de MXGP tras o seu positivo por covid-19 ao lucense case sen opcións de facerse co título Mundial da máxima categoría do motocrós. O triunfo do líder e actual campión do Mundo, o esloveno de Honda Tim Gajser, afasta ao de Lugo a 107 puntos con 150 como cifra máxima que poder descontar sobre o barro das tres probas que restan por disputarse.

O esloveno aproveitou a ausencia de Prado para facerse co triunfo onte sen maiores problemas nas dúas mangas da competición flamenca, co que engadiu 50 puntos ao seu xa engordada cifra como líder do Mundial. Deste xeito, Gajser, con 583 puntos, queda co italiano de KTM Antonio Cairoli case como único rival con serias opcións de gañar o Mundial, a pesar de que o transalpino está lonxe con 509 puntos.

Antes do GP de Lommel, Jorge Prado atopábase a tiro de pedra do propio Cairoli, xa que estaba a tan só dous puntos do italiano. Tras os 31 puntos engadidos polo seu compañeiro en KTM, o segundo chanzo do podio está agora a 33 unidades.

A ausencia de Jorge Prado da proba fixo incluso perder ao lucense a terceira posición na clasificación do Mundial, agora en poder do suízo de Yamaha Jeremy Seewer. O helvético conta con 499 puntos polos 476 de Prado.

Ademais, o de Lugo ve como se lle achega por detrás o francés de Kawasaki Romain Febvre, que foi segundo onte en Lommel e é quinto con 465.

Sen saber cando poderá volver competir ao estar illado polo seu positivo por covid-19 confirmado o sábado, Jorge Prado cruza os dedos para que o test PCR aos que se someterá os próximos días dean negativo antes da seguinte proba do Mundial, que será o 1 de novembro en Trentino. Tras esta competición terán lugar, tamén en Italia, as de Pietramurata -o 4 de novembro- e Garda Trentino, o 8 dese mes.

Comentarios