viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Aarón Ñíguez, segunda fichaxe invernal do CD Lugo?

Aaron Ñíguez, no Mundial sub 20 de 2009. ARQUIVO
Aaron Ñíguez, no Mundial sub 20 de 2009. ARQUIVO
O extremo ilicitano, que se atopa sen equipo, estará a proba co conxunto albivermello

Aarón Níguez, extremo de 30 anos que se atopa sen equipo, podería ser o segundo reforzo invernal do CD Lugo. Segundo adiantou Álvaro Lorenzo, de Cope Lugo, o xogador ilicitano empezará a adestrar co conxunto albivermello este domingo e, se convence ao corpo técnico, incorporarase ao equipo.

Con ampla experiencia en Segunda División, Aarón Ñíguez, irmán do colchoneiro Saúl, xogou, entre outros equipos, no Celta, Recreativo, Almería, Sporting de Braga, Elxe e Oviedo. A súa última parada foi no Johor de Malaisia, equipo co que terminou contrato o pasado mes de febreiro. 

Aarón pode moverse por varias posicións da fronte de ataque. Está por ver en que estado de forma se atopa. Se finalmente asina polo CD Lugo converteríase no segundo reforzo invernal logo de Kravets

Aarón Ñíguez, segunda fichaxe invernal do CD Lugo?
comentarios