A ruta do Breogán ten un duro arranque

O equipo lucense comezará a LEB Ouro 2019-20 en Castelló e debutará no Pazo o 4 de outubro ante o Oviedo. Epifanio recoñece que ao seu equipo espéralle un duro inicio ligueiro

Löfberg entra a canasta durante un Breogán-Oviedo. AEP
photo_camera Löfberg entra a canastra durante un Breogán-Oviedo. AEP

O Leite Río Breogán empezará a LEB Ouro como visitante ante o Tau Castelló o venres 27 de setembro. O equipo lucense debutará en Lugo a semana seguinte coa visita do Oviedo.

Ao Breogán espéralle un inicio de competición con certas complicacións porque logo das dúas primeiras xornadas xa citadas, xogará en Palencia, recibirá ao renacido Alacante e volverá viaxar     para

Calendario do Breogán

J.1 (27-9) J.18 (17-1-2020)
Tau Castelló-Leite Río Breogán
J.2 (4-10) J.19 (24-1-2020)
Leite Río Breogán-Oviedo
J.3 (11-10) J.20 (31-1-2020)
Palencia-Leite Río Breogán
J.4 (18-10) J.21 (7-2-2020)
Leite Río Breogán-HLA Alacante
J.5 (25-10) J.22 (14-2-2020)
Valladolid-Leite Río Breogán
J.6 (29-10) J.23 (28-2-2020)
Leite Río Breogán-Cáceres
J.7 (3-11) J.24 (6-3-2020)
adj\>-Leite Río Breogán
J.8 (8-11) J.25 (13-3-2020)
Leite Río Breogán-Delteco GBC
J.9 (15-11) J.26 (20-3-2020)
Huesca-Leite Río Breogán
J.10 (22-11) J.27 (24-3-2020)
Leite Río Breogán-Marín
J.11 (29-11) J.28 (29-3-2020)
Canoe-Leite Río Breogán
J.12 (6-12) J.29 (3-4-2020)
Leite Río Breogán-Melilla
J.13 (13-12) J.30 (12-4-2020)
Mallorca-Leite Río Breogán
J.14 (20-12) J.31 (17-4-2020)
Leite Río Breogán-Leyma Coruña
J.15 (27-12) J.32 (20-4-2020)
Leite Río Breogán-Ourense
J.16 (3-1-2020) J.33 (1-5-2020)
Força Lleida-Leite Río Breogán
J.17 (10-1-2020) J.34 (8-5-2020)
Leite Río Breogán-Almansa

enfrontarse ao Valladolid, xa na quinta xornada. Na oitava xornada (o 8 de novembro) os xogadores de Diego Epifanio xogarán en Lugo ante o Gipuzkoa e o primeiro enfrontamento ante o outro gran favorito da competición, o Mallorca, producirase na décimo terceira xornada, o 13 de decembro, na cancha insular.

O conxunto breoganista recibirá na primeira volta aos outros tres equipos galegos. Ao recentemente ascendido Marín farao na décima xornada e ao Leyma Coruña e ao Ourense, de forma consecutiva, nas xornadas número 14 e 15.

Para o adestrador do Breogán, Diego Epifanio o inicio de competición "é duro enfrontarse a equipos que nos últimos anos foron de play off e que tamén terán aspiracións esta tempada". "Aínda é pronto para falar de planificación da tempada porque primeiro hai que ter o persoal, ver como cadramos os partidos de pretemporada e, a partir de aí, facer un bo traballo para conjuntarnos e prepararnos en condicións xa para os primeiros partidos", engadiu.

O técnico burgalés móstrase moi conforme co que está a ser a confección do persoal. "A de Christian (Díaz) é unha moi boa renovación, é un xogador cunha boa progresión. De Thaey non coñece a liga, pero é un xogador moi físico e cunhas calidades que nos poden axudar moito a competir. Rauno Nurger tiña na universidade un perfil moi defensivo pero o ano pasado en Huesca fíxoo moi ben e con bos números, seguirá crecendo. E isto pódoo dicir tamén de Quintela, que en Lleida fixo unha gran tempada e vai seguir progresando. Todas son boas pezas, xogadores en progresión. A idea de persoal é boa", dixo.

O importante, di o técnico, "é facer un equipo compensado. Ver o mercado de 'cincos' e traer un xogador con máis peso que postee e un 'catro' que nos abra o campo. En canto aos exteriores é importante que teñan puntos pero que tamén sexan capaces de defender". O persoal contará, inicialmente, con once xogadores, contando a Kabasele.

Jaime Capellá continuará no Breogán

O preparador físico e fisioterapeuta sarrián Jaime Capellá traballará un ano máis dentro do corpo técnico do Leite Río Breogán. Capellá continuará na organigrama celeste por cuarto ano consecutivo, segundo informou a entidade onte. Tras a chegada de Diego Epifanio como primeiro adestrador do Breogán uníronse ao corpo técnico Javier Muñoz (segundoentrenador), Juan David Gutiérrez (fisioterapeuta), Iago Castro (axudante) e Jaime Capellá, ademais do xefe dos servizos médicos, Luis Coira.

 

Comentarios