domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

A Mariña está en plena forma

Carreira Burela Bonita. IRIA LV
Carreira Burela Bonita. IRIA LV
A cuarta edición da carreira nocturna Burela Bonita reuniu a máis de 200 atletas, que competiron entre as categorías sub-10 e absoluta

A cuarta edición da Carreira Nocturna Burela Bonita, celebrada o pasado sábado, cumpriu coas expectativas e resultou un éxito de participación e organización.

2019072214204052200

José Ramón Sánchez Quintela e Vitoria Salvadores Álvarez gañaron a proba reina do evento, a que se disputou sobre un percorrido de 10 quilómetros. Na categoría masculina, a segunda posición foi para Daniel Trigo González, mentres que en terceiro lugar concluíu Ángel Rábade Ledo.

A medalla de prata na categoría feminina logrouna Ana Belén González Margaride, e a de bronce, Tania María Silvelo Pallín.

O podio masculino da proba de 5 quilómetros ocupárono, por esta orde: Cristian Expósito Ramos, Pablo Campo Baamonde e Marcos Conde Llenderrozos. E o feminino: Lali Iglesias López, Ana Vallines Fernández e Tania López Busto.

Jarno Pousada Troitiño foi o gañador na categoría sub-16 masculina. A segunda praza conseguiuna Guillermo García Arruñada. Na categoría feminina impúxose Iria Otero Vázquez, seguida de Carla Díaz Pardo.

Na categoría sub-14 masculina a vitoria foi para Pepe Sánchez del Valle. En segundo lugar conclúo Ian Méndez Piñeiro, mentres que a terceira praza foi para Alejandro Rodríguez González.

Adriana Rebolo Martínez conseguiu o triunfo na categoría sub-12 feminina. Henar Méndez Piñeiro fíxose coa medalla de palta, mentres que o terceiro banzo do podio ocupouno Emma García Vázquez.

Na categoría masculina o triunfo foi para Markel González López, que cruzou a liña de meta seguido por Samuel Corral Caamaño, e Alain de Souza Rozas.

Para rematar, Lida Balseiro Rodríguez impúxose na categoría sub-10 feminina por diante de Silvia Conde Carrero, e de Aroa Ferreiro González. Na categoría masculina fíxose coa vitoria Borja Negueira Lodos. O segundo en cruzar a liña de meta foi Pedro Moirón Soto, mentres que o bronce conseguiuno Raúl Neira.

IRIA LV

A Mariña está en plena forma
Comentarios