90-83. O Breogán salva a primeira bóla de partido

O conxunto celeste forza o quinto partido do 'play off' de ascenso ante o Leyma Coruña, que se disputará este martes na capital herculina

O Cafés Candelas Breogán salvou a primeira bóla de partido. O equipo lucense superou (90-83) ao Leyma Coruña no cuarto partido do play off de ascenso que terá o seu colofón o martes na Coruña. Pep Ortega foi, de longo, o mellor xogador dun partido no que Perico Díaz perdeu por primeira vez no Pazo como técnico do cadro herculino.

Mellorou o equipo lucense con respecto ao terceiro partido, pero aínda así sufriu para sumar a vitoria. Protagonizou un gran arranque de partido e dispuxo de vantaxes superiores aos dez puntos. E así chegouse ao último cuarto, co Breogán por diante. Pero o Coruña apertou e os nervios afloraron ao lado celeste.

Se no terceiro partido o Coruña xogou mellor o tramo final de partido, este domingo tocoulle ao Breogán, que selou un triunfo que deixa todo no aire. O martes haberá unha final no pavillón de Riazor.

Crónica completa na edición impresa de El Progreso deste luns

Comentarios